O alumnado de Infantil e 2º de Primaria, fan unha saída pola Reiboa para localizar a illa de Tambo. Hai que prepararse para a visita do martes 16; co cal, axudándonos da Rosa dos Ventos do parque da Memoria situámonos con respecto á illa. Descubrimos que Tambo está localizada ao sur da Reiboa e Combarro ao suroeste.
Despois de situarnos, e xa de volta para o cole, observamos un "X"
na area, desconcertados decidimos investigar e ver que acontece. Un grupo de
nenos e nenas ponse a escarvar e, como por arte de maxia, aparece unha botella
de cristal moi antiga. Dentro atopamos un pergamiño con un mapa e unha carta
que nos fala dun tesouro da illa de Tambo.😮💀
No hay comentarios:
Publicar un comentario