Alá polo mes de outubro saímos ao monte a deixar uns botes con arroz cocido para producir microorganismos rexeneradores. Tres deses botes foron deixados a propósito para ver que acontecía pasados uns meses.
Despois de buscar un pouco por entre os carballos, demos cos botes, pero cando os fomos a levantar a sorpresa foi maiúscula. En dous dos botes non quedaba nada, nin o trapo que os cubría, no terceiro estaba o trapo e a goma que o suxeitaba, pero nin señas da bola de arroz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario