viernes, 12 de mayo de 2023

INCUBAMOS OVOS PARA VER COMO NACEN AS AVES.

 O venres, 5 de maio, recibimos un agasallo un tanto especial, ovos fecundados de: pavo, galiña, quirica, faisán e paspallás. Inmediatamente a familia de Xiana conseguiu unha incubadora e, non sen algún que outro contratempo, puxérona a funcionar. Eles son os que nos axudan co coidado da mesma.

Con esta experiencia, descubrimos diferentes aves, o dimorfismo sexual dalgunha delas, os tipos de ovo, o tempo de incubación segundo a ave, e a evolución do embrión dun ovo ata que nace o polo. 

O alumnado está moi enganchado e expectante con esta actividade. Estamos moi agradecidos a Rubén e Noelia por permitirnos desfrutar desta experiencia.😻

Vídeo.








































No hay comentarios:

Publicar un comentario