lunes, 13 de mayo de 2024

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS: LUÍSA VILLALTA GÓMEZ.

 Este ano 2024, a homenaxeada no Día Das Letras Galegas é Luísa Villalta, escritora. música e profesora. 

Despois de empaparnos en algúns contos e biografías sobre a vida de Luísa, decidimos crear a nosa versión cos nosos propios debuxos e texto.



IMOS AO RÍO A LAVAR.

 Co xabón que tiñamos feito fai máis dun mes, imos ao lavadoiro da Seca a lavar o mandilón e a toalla. Foi unha experiencia moi divertida, e co bochorno que facía ese día. resultou moi refrescante.

Algunha pastilla de xabón escapou polo río abaixo, pero os mandilóns e as toallas quedaron impolutas.😂😂





















































FACEMOS XABÓN MEDIANTE O PROCESO SE SAPONIFICACIÓN EN FRÍO.

 Fai un mes fixemos xabón polo proceso de saponificación en quente, que permitía usar o xabón ás 24- 48 horas sen ter que deixalo madurar. Esta vez imos a facer o proceso en frío.

Para a receita precisamos: o litro de aceite de oliva macerado en días anteriores con loureiro e romeu, 485 de aceite de coco, 485 de auga destilada ou de manancial, 195 de sosa e calquera aceite esencial ou hidrolato que nos guste. 

Por un lado, poñemos a quentar un pouco os aceites; por outro lado, saímos a mesturar a sosa coa auga; como sempre primeiro vai a auga e logo a sosa. Hai que facer a mestura no exterior, con luvas, gafas e máscara. Unha vez mesturado, esperamos a que tempere un pouco e engadímosllo aos aceites mornos. Logo toca darlle co batedor ata que colle textura de natilla, engadimos un chisco de hidrolato ou aceites esenciais e volvemos a pasar o batedor. Botamos en moldes e ao día seguinte sacamos o xabón dos moldes. 

Antes de poder usalo, deixamos o xabón cuberto con papel de cociña a que madure por 4 semanas.