É unha árbore orixinaria de Australia, o seu nome científico actual é Syzygium paniculatum, pero tamén se coñece por outros nomes tales como: Mortela ou Arraián de Australia, Mirtilo siempreverde, Eugenia etc.
É unha árbore de folla perenne. As súas follas presentan un brillo espectacular,
así como diferentes tonalidades e cores vermellas e cobre nos brotes máis tenros e verdes escuras
nas follas máis maduras.
As
flores son brancas, pequenas e con longos estames, moi parecidas ás do mirto. Estas
dan paso aos seus froitos, que son pequenas drupas de cor púrpura cando
maduran. Son comestibles, e ricos en vitamina A, fósforo, calcio e ferro. No
seu lugar de orixe o froito é coñecido como cereixa de nadal, xa que madura por
esas datas, no noso país madura a partires de agosto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario