sábado, 27 de mayo de 2023

NACEN OS POLIÑOS DE PASPALLÁS.

Despois de agardar 18 días, observando a evolución dos embrións a través da luz da lanterna, nacen por fin as crías de paspallás. Primeiro afloraron uns pequenos peteiros,  logo unhas cabeciñas;  por último, uns pitiños escuros e húmidos. Ao pouco de nacer xa están movéndose e buscando comida.

 O  éxito desta misión débese aos pais de Xiana, que conseguiron a incubadora e monitorizaron a evolución dos ovos en todo momento. Foi unha experiencia inesquecible, que levaremos no recordo para a vida; non sempre é posible ver de preto a evolución dun ser vivo. Non teño máis que palabras de agradecemento para a familia de Xiana, por permitirnos desfrutar desta vivencia, pola súa dedicación e por retransmitirnos a través de vídeos e en persoa,  sempre que foi posible, o avance diario dos embrións primeiro, e logo dos polos.

VÍDEO
























No hay comentarios:

Publicar un comentario