O VENRES, 19 DE MAIO, CELEBRAMOS NO LOCAL
DA COMUNIDADE DE MONTES O FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS.
ESTE ANO, O HOMENAXEADO É FRANCISCO
FERNÁNDEZ DEL RIEGO, PACO DEL RIEGO, COMO ERA MÁIS COÑECIDO.
FOI MEMBRO DAS IRMANDADES DA FALA, DO
SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS, DA ORGANIZACIÓN XUVENIL ULTREIA, DIRIXENTE ESTUDANTIL,
FUNDADOR DO PARTIDO GALEGUISTA, PROFESOR NA FACULTADE DE DEREITO, POLÍTICO,
COLABORADOR DE PRENSA, SECRETARIO DE ACTAS DA COMISIÓN PARA O ESTATUTO DE
AUTONOMÍA, CRÍTICO DE ARTE, FUNDADOR DE EDITORIAL GALAXIA, DIRECTOR DE ARTES
GRÁFICAS GALICIA, EDITOR, DIRECTOR DA REVISTA GRIAL, ACADÉMICO E PRESIDENTE DA
REAL ACADEMIA GALEGA, DIRECTOR DA FUNDACIÓN PENZOL, ESCRITOR, DIVULGADOR,
COLECCIONISTA DE ARTE, E TAMÉN FOI UN DOS FUNDADORES DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
ALGÚN CARGO DE SEGURO QUE NOS QUEDOU NO TINTEIRO. QUEN O COÑECÍA DICÍA DEL QUE
ERA UN HOME QUE VALÍA POR MIL.
AGRADECER A COLABORACIÓN DE SILVIA, YAGO,
RUBÉN E JAIME NA POSTA EN MARCHA DO FESTIVAL.
No hay comentarios:
Publicar un comentario