APROVEITANDO QUE TEMOS AS EIRUGAS DE SEDA NO COLE, TEACHER CARMEN, PARTINDO DO CONTO "THE VERY HUNGRY CATERPILLAR", TRABALLA O CICLO VITAL DAS EIRUGAS EN INGLÉS.
martes, 30 de mayo de 2023
sábado, 27 de mayo de 2023
O ESCORNABOIS OU VACALOURA DE INDIA.
India e a súa mamá atopan un gran escornabois na estrada e deciden salvalo, non sen antes levalo ao cole para que todos e todas poidamos descubrir cousas de este impoñente insecto.
O escornabois ou vacaloura, é un dos insectos máis grandes de Europa. Na Península Ibérica podémolo atopar na metade norte, en bosques caducifolios. O seu nome científico é lucanus cervus, e pertence á familia dos coleópteros.
O exemplar de India é un macho, moi fácil de identificar polas súas pinzas, similares á cornamenta dun cervo. Existe dimorfismo sexual entre o macho e a femia, sobre todo na cabeza. A femia é máis pequena e o macho é de maior tamaño e posúe as súas pinzas tan características.
A vacaloura nace de ovos que a femia deposita en fendas
da cortiza dunha árbore seca, normalmente árbores caducifolias tales como:
carballos, castaños etc. Entre as dúas semanas e as catro, eclosionan os ovos e
saen unhas larvas moi voraces que comen madeira en descomposición. Fan unha
labor moi importante no bosque, a de limpar os restos de troncos e ramas
podres.
As larvas poden acadar os 10 Cm de lonxitude. Din os
espertos, que canto máis voraz sexa a larva, máis medra e maior tamaño terá de
adulto. A nosa vacaloura mide 8 centímetros; así que debeu de estar ben
alimentada, ten un tamaño considerable.
As larvas tecen un casulo e del sairán as vacalouras; pode permanecer en estado larvario entre 1 e 5 anos antes de transformarse nun exemplar de vacaloura. Unha vez feita a metamorfose duran pouco, máis ou menos 1 mes.
As femias normalmente quedan no tronco das árbores e os machos voan e miden as súas forzas mediante combates para defender o seu territorio e gañarse á femia, o que cae ao chan e o que perde. Algunhas veces un macho ben cativo aproveita que os machos máis fortes están medindo as súas forzas para quedarse coa femia.
Nos nosos bosques podemos atopalos a partir do mes de xuño e ata setembro; aínda que podemos velos polo día, están máis activos ao solpor, coincidindo coa maior actividade dos morcegos, un dos seus maiores inimigos.
Os escornabois adultos liban zume de froita e savia. O escornabois ou vacaloura de India estivo libando o zume dunha das nésperas do patio.
A vacaloura ou escornabois é un animal protexido polo convenio
de Berna e outras leis. Para investigar máis sobre este insecto creouse o proxecto
“Ciervo volante”, que derivou no grupo de traballo de lucánidos ibéricos.