lunes, 8 de diciembre de 2025

EXPERIMENTO: OS OVOS SALTARÍNS.

Aproveitamos os ovos que nos quedaron despois de facer o biscoito de plátano e deixámolos nun recipiente cuberto con vinagre. Días despois, imos ver como están os ovos e descubrimos que a cáscara dos ovos desapareceron, que aumentaron un pouco de tamaño e o que queda recubrindo cada ovo é unha membrana  elástica e resistente.

INGREDIENTES:

Vaso.

Ovos.

Vinagre.

Explicación para maiores: O ácido acético do vinagre fai que se desintegre o carbonato de calcio da cáscara do ovo. 

O vinagre entra en contacto coa clara do ovo a través da membrana semipermeable que o cubre, grazas a un fenómeno coñecido como osmoses; o que fai que aumente un pouco de tamaño e que a membrana adquira unha textura gomosa.




























No hay comentarios:

Publicar un comentario