domingo, 7 de diciembre de 2025

EXPERIMENTO: CORES MÁXICAS.

 Despois de todo o que traballamos a través de Yayoi Kusama, imos a crear mesturas de cores psicodélicas partindo de pingas de colorante alimentario.

Ingredientes: 

Un recipiente ou prato.

Leite enteira.

Colorante alimentario.

Xabón de lavar os pratos.

Hisopos de algodón.

Botamos o leite nun prato e engadímoslle gotas de colorante alimentario. 

Con hisopos mollados en xabón de lavar pratos tocamos con coidado a superficie do leite..

O leite contén graxa que fai que o colorante non se disolva ben. Por outro lado, as moléculas da superficie do leite atráense entre si, facendo como unha película; o que se coñece como tensión superficial. Cando tocamos esa película con xabón, o que acontece é que o xabón repele a graxa, que se move rapidamente cara os bordes, arrastrando consigo o colorante.


















































No hay comentarios:

Publicar un comentario