Aproveitamos o bo tempo para ir a buscar canas para a horta e para podar os tomates, sacámoslle ramas e follas para que medren e dean froito e para que queden aireados e non collan fungos. Unha vez podados, poñémoslle unhas canas para levantalos do chan.
viernes, 15 de mayo de 2026
jueves, 7 de mayo de 2026
IMOS BUSCAR PAUS PARA OS FEIXÓNS.
Saímos pola contorna a buscar paus para poñerllos aos feixóns que temos na horta.
OS MAIOS.
No Concello de Poio, a festa dos
Maios conta con unha gran participación. É unha das festas máis populares
de orixe ancestral, que se celebra o 1º de maio.
Semanas antes, os nenos e nenas
ensaian as coplas que van cantar e palitroquear. As coplas están formadas por estrofas de catro versos octosílabos con rima asonante nos versos pares. A través destas
coplas exprésense críticas relacionadas con aspectos que non van ben no Concello, na
veciñanza, no país etc., normalmente de forma satírica.
Para a elaboración dos Maios,
as diferentes asociacións organízanse meses antes para crear as estruturas dos Maios, e nos días previos de forma máis intensa, recollendo: fiúncho, pampullos,
ovos, laranxas, margarida, folla de camelia, camelias, rosas e xesta; para
coser e montar a base do Maio e a coroa.
O alumnado de Infantil
investigamos sobre a elaboración dos Maios e saímos pola contorna a buscar os
distintos materiais que se precisan para a súa elaboración.
A “ASOCIACIÓN OS DA SECA” veñen ao cole a
amosarnos os seus Maios e actuacións, así como a embarcación tradicional,
galardoada co primeiro premio.
lunes, 4 de mayo de 2026
EVOLUCIÓN DAS EIRUGAS DE SEDA.
Seguimos coidando das eirugas de seda, que despois de moito comer e mudar varias veces a súa pel, medraron un montón e comezan xa a facer o seu casulo.
sábado, 2 de mayo de 2026
SAÍMOS POLA CONTORNA.
Saímos a buscar follas de moreira para as eirugas e aproveitamos para ir ata a praia a buscar algas para o composteiro.
23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO.
Celebramos o día do libro con unha adaptación da obra "O CONTO DOS CONTOS".
Queremos agradecer ao alumnado voluntario de sexto de Primaria que dedicou tempo e esforzo para amenizar esta data tan importante coa representación de dita obra. MOITAS GRAZAS!!!😍😍
viernes, 10 de abril de 2026
VISITAMOS A HORTA.
Imos á horta a plantar os pementos que sementamos no mes de decembro, sementamos chícharos e recollemos unhas poucas patacas.
IMOS Á PRAIA.
Aproveitamos o bo tempo para saír de camiñata e ir á praia a xogar coa area, observar pequenas charcas e identificar conchas e aves de litoral.



























































