viernes, 15 de mayo de 2026

FACEMOS TRABALLOS NA HORTA.

Aproveitamos o bo tempo para ir a buscar canas para a horta e para podar os tomates, sacámoslle ramas e follas para que medren e dean froito e para que queden aireados e non collan fungos. Unha vez podados, poñémoslle unhas canas para levantalos do chan.



jueves, 7 de mayo de 2026

IMOS BUSCAR PAUS PARA OS FEIXÓNS.

 Saímos pola contorna a buscar paus para  poñerllos aos feixóns que temos na horta.



OS MAIOS.

No Concello de Poio, a festa dos Maios conta con unha gran participación. É unha das  festas máis populares de orixe ancestral, que se celebra o 1º de maio. 

Semanas antes, os nenos e nenas ensaian as coplas que van cantar e palitroquear. As coplas están formadas por estrofas de catro versos octosílabos con rima asonante nos versos pares. A través destas coplas exprésense críticas relacionadas con aspectos que non van ben no Concello, na veciñanza, no país etc., normalmente de forma satírica.

Para a elaboración dos Maios, as diferentes asociacións organízanse meses antes para crear as estruturas dos Maios, e nos días previos de forma máis intensa, recollendo: fiúncho, pampullos, ovos, laranxas, margarida, folla de camelia, camelias, rosas e xesta; para coser e montar a base do Maio e a coroa.

O alumnado de Infantil investigamos sobre a elaboración dos Maios e saímos pola contorna a buscar os distintos materiais que se precisan para a súa elaboración.

  A   “ASOCIACIÓN OS DA SECA” veñen ao cole a amosarnos os seus Maios e actuacións, así como  a embarcación tradicional, galardoada co primeiro premio.






lunes, 4 de mayo de 2026

EVOLUCIÓN DAS EIRUGAS DE SEDA.

 Seguimos coidando das eirugas de seda, que despois de moito comer e mudar varias veces a súa pel, medraron un montón e comezan xa a facer o seu casulo.



sábado, 2 de mayo de 2026

SAÍMOS POLA CONTORNA.

 Saímos a buscar follas de moreira para as eirugas e aproveitamos para ir ata a praia a buscar algas para o composteiro.



23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO.

 Celebramos o día do libro con unha adaptación da obra "O CONTO DOS CONTOS". 

Queremos agradecer ao alumnado voluntario de sexto de Primaria que dedicou tempo e esforzo para amenizar esta data tan importante coa  representación de dita obra. MOITAS GRAZAS!!!😍😍

VÍDEO DA OBRA

















VOLVEMOS Á HORTA.

Imos a transplantar os pementos e a sementar feixóns.