As teachers de inglés e o alumnado en práticas organizan unha serie de actividades relacionadas co Easter Egg, para despedir o trimestre antes de Semana Santa.
sábado, 28 de marzo de 2026
OS POLIÑOS UNHA SEMANA DESPOIS DE NACER.
A profe Lucía, xunto cos seus alumnos veñen de visita para mostrarnos como van os poliños á semana de nacer.
VISITAMOS O PAZO DE LOURIZÁN.
O
martes, 24 de marzo, visitamos o Pazo de Lourizán para observar ben de preto os
cambios que se producen na natureza co cambio de estación. As árbores
senlleiras, o brotar dos castiñeiros, as camelias, as cerdeiras, peros e lilas
en flor...Todo isto, nun entorno inigualable: un pazo de estilo romántico,
covas, saltos de auga, o invernadoiro, o hórreo e o pombal. Mostras dun pasado
esplendoroso, pero hoxe en día con certo aspecto de abandono.
COIDAMOS DAS EIRUGAS DE SEDA.
As eirugas xa medraron un montón, agora precisan cada vez máis comida e que lle limpemos a caixa máis frecuentemente.
martes, 24 de marzo de 2026
PROXECTO "O CONTO DOS CONTOS".
Fichas
realizadas polo alumnado de 3 anos en relación co proxecto "o conto dos
contos", partindo dos disfraces de entroido.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






























































































