domingo, 19 de mayo de 2024

LETRAS GALEGAS 2024.

 Para celebrar o Día das Letras Galegas, ademais de elaborar a biografía de Luísa Villalta, cantamos un anaco de poema de Rosalía de Castro e desfrutamos dunha sesión de maxia na biblioteca do centro. 

Unha semana curta, pero moi intensa; e o mellor, que ben cantan os nosos nenos e nenas en galego!!!😍😻

VÍDEO DO POEMA CANTADO.































lunes, 13 de mayo de 2024

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS: LUÍSA VILLALTA GÓMEZ.

 Este ano 2024, a homenaxeada no Día Das Letras Galegas é Luísa Villalta, escritora. música e profesora. 

Despois de empaparnos en algúns contos e biografías sobre a vida de Luísa, decidimos crear a nosa versión cos nosos propios debuxos e texto.



IMOS AO RÍO A LAVAR.

 Co xabón que tiñamos feito fai máis dun mes, imos ao lavadoiro da Seca a lavar o mandilón e a toalla. Foi unha experiencia moi divertida, e co bochorno que facía ese día. resultou moi refrescante.

Algunha pastilla de xabón escapou polo río abaixo, pero os mandilóns e as toallas quedaron impolutas.😂😂