sábado, 30 de mayo de 2026

IMOS REGAR.

 Chega o calor e xa levamos uns días sen choiva, polo que é preciso ir á horta a regar se queremos que as plantas non se sequen.



















































TALLER DE ARTE.

O mércores 27 de maio organizamos un pequeno taller de arte no que traballamos un montón de aspectos: cores, texturas, diferentes materiais de pintura, esquema corporal, motricidade fina, coordinación dinámica xeral etc. Aproveitamos as altas temperaturas dese día para refrescarnos un pouco e para tomar a merenda á sombra das árbores do xardín. Unha xornada moi divertida!!. 






DESPEDIMOS A WILLY.

 Willy, o noso auxiliar de conversa, remata a súa labor no noso cole, por iso queremos facerlle unha pequena despedida con todo agarimo. Desexámoslle moita sorte no seu novo destino.