sábado, 7 de junio de 2025

OUTRA ETAPA NO CAMIÑO: BAIONA.

 Sam e Lucy continúan o seu camiño dende a Guarda, pasando por Oia e rematando en Baiona. 

En Baiona observan o monte do Boi, onde se asenta o castelo de Monterreal, tamén a Virxe da Rocha, construída no primeiro térceo do século pasado. O seu interior é oco e pódese subir por unha escaleira ata o barco que a estatua sostén na man dereita.

Outra  cousa que chamou a atención da parella foi a réplica da carabela Pinta, que foi a primeira nave en regresar de volta á Península, das tres que saíron do porto de Palos de la Frontera ao mando de Cristóbal Colón.

Cada primeiro de marzo, conmemórase a festa da Arribada, para lembrar que Martín Pinzón logrou chegar a Baiona. Cristóbal Colón regresaría días despois, a bordo da carabela  a Niña a Lisboa..

Dentro da embarcación atopamos produtos chegados de América tales como: a pataca, o tomate, os pementos, o millo, o cacao etc.

Como sempre que cambiamos de etapa a bruxa Maruja envíanos a maleta, esta vez con patacas orixinarias de América, sal das salinas da Guarda, 1 culler, tres vasos e auga. Tamén aparecen as instrucións para poñer en marcha un experimento.

O experimento consiste en poñer auga en cada un dos vasos. A un deles non se lle engade nada, a outro un pouco de sal e ao terceiro moito sal. Logo córtanse 3 anacos de pataca iguais e métese cada anaco de pataca nun dos vasos. Deixámolos así durante 3 ou catro días e observamos a evolución.

O resultado despois de catro días é o seguinte:

A pataca que está no vaso con auga aumentou de tamaño e a auga podreceu.

A pataca do vaso con pouco sal encolleu un chisco e a auga está un pouco turbia.

A pataca que está no vaso de auga con moito sal encolleu máis e a auga está clara e non cheira.

A osmose axuda a frear o crecemento de microorganismos, xa que deshidrata as bacterias que fan que podrezan os alimentos. De feito, a deshidratación é unha forma de  conservar alimentos.













































No hay comentarios:

Publicar un comentario