Que mellor forma de rematar o proxecto "UNHA ESCOLA NO CAMIÑO" que percorrendo un anaco de etapa. Todo o cole viaxa a Armenteira para facer un anaco da ruta da Pedra e a Auga, unha das etapas máis fermosas do Camiño, que descorre á beira do río entre árbores e muíños. A pesar da calor, a sombra das árbores fixo máis livián a camiñata.
Paramos na Aldea Labrega e descubrimos as diferentes estatuas e construcións realizadas en pedra. Tomamos a merenda e enredamos un chisco; logo collemos rumbo a Armenteira onde podemos apreciar unha xoia arquitectónica, Santa María de Armenteira.
Entre as curiosidades deste mosteiro resaltar a S. Ero, o fundador do mosteiro. Segundo a lenda, Don Ero saíu un día a camiñar polo monte Castrove, despois dun tempo camiñando sentouse á sombra dunha árbore e quedou adormecido co cantar dun paxariño, pero vaia sono... espertou logo de 300 anos e, claro, todo estaba moi cambiado. Cando regresou ao convento ninguén o recoñecía e cando se presentou e contou o que lle acontecera, deixou a todo o mundo abraiado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario