miércoles, 5 de abril de 2023

EXPERIMENTO PARA CREAR DEBUXOS ANIMADOS.



 Nesta actividade necesitamos: un prato ou bandexa de porcelana, rotuladores de encerado branco e auga.

Cada nen@ fará un debuxo sobre un prato ou bandexa utilizando rotuladores de encerado, unha vez feito o debuxo, iráselle botado auga lentamente para que o debuxo non se rompa, este irase despegando do recipiente e comezará a flotar sobre a auga.

Explicación: a tinta dos rotuladores de encerado está composta por alcohol e pigmentos, o alcohol disólvese na auga pero os pigmentos non. Cando a tinta se molla, a porcelana é tan lisa que fai que eses pigmentos sólidos se despeguen e floten; e aínda que a tinta é menos densa que a auga, a forza de flotación é máis forte que a unión coa porcelana.

VÍDEO

















No hay comentarios:

Publicar un comentario