miércoles, 19 de abril de 2023

TEATRO EN AFUNDACIÓN.

O mércores, 19 de abril, visitamos Afundación para desfrutar dunha obra de teatro. 

Feo!, é unha obra posta en escena por Caramuxo Teatro, inspirada no conto do "Parrulo feo" de Hans Cristian Andersen.

A obra amósanos unha fábrica que produce parrulos de plástico dende fai moitísimo tempo; en concreto, dende 1941. Os parrulos só poden ser de cor amarela, o material para fabricar os parrulos é meticulosamente seleccionado polo protagonista, e os parrulos saen en serie, todos amarelos.

Un bo día, a máquina vólvese un pouco tola e en vez de amarelo, sae un parrulo doutra cor, que problemón!!😱😱. Ao principio parece algo terrible, pero pouco a pouco a mentalidade do protagonista vai cambiando e a máquina comeza a producir parrulos de cores😍.

Nesta obra trabállanse valores como: a igualdade, a pluralidade e a integración.













































No hay comentarios:

Publicar un comentario