Saímos
pola contorna do centro a recoller diferentes tipos de flores, entre elas:
violetas, camelias, consolda etc. Separamos as flores dos talos e unhas imos a empregalas en fresco, infusionándoas, e con outras facemos o proceso
de secado.
Por outro lado, machucamos nun morteiro anacos de folla de col lombarda, remolacha morada, cebola, cenorias, arándonos, moras; tamén infusionamos chocolate e café e con todas estas froitas, verduras e flores probamos a tinxir anacos de teas de algodón.
Antes de facer as tinturas poñemos as teas en auga quente con sal, para que faga de mordente e absorban mellor as tinturas.
A col lombarda, o betabel, o café e o chocolate proporcionaron os mellores tintes.
O RESULTADO FOI
ESPECTACULAR!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario