Para
facer este xabón de saponificación en quente precisamos pesar: 222g de auga
destilada ou de manancial e 91g de sosa, esta mestura facémola no exterior, con
luvas, gafas e mascarilla, pola reacción da sosa unha vez que se bota na auga.
"Sempre se incorpora a sosa á auga e nunca ao revés, con protección e nun
lugar ventilado".
Colocamos
ao alumnado a certa distancia para que poidan observar dende un lugar seguro.
Mentres, temos a quentar a moi pouco gas ou a baño María os aceites de coco e oliva:
590g de aceite de oliva e 100g de aceite de coco.
Unha
vez que a auga coa sosa xa deixou de botar fume e se volva transparente, engadímosllo ao aceite, batemos
ben un rato con un batedor ata que colla a consistencia dunha natilla. Logo
mantemos o lume ao mínimo, e batemos ou removemos cada pouco, cando espumea e pareza que quere facer volcán. En total, uns
40-55 minutos despois de coller a textura de natilla antes mencionada. Hai que
ter coidado de que non se salga o xabón.
O
xabón estará listo cando deixe de espumar e quede con textura de puré, e cando medindo o pH se atope entre 7/8. Agora é o momento de
engadir os aceites esenciais e logo metémolo en moldes.
En
24-48 horas xa podemos usar o xabón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario