Un total de 30 nenos e nenas do C.E.I.P.P. Isidora Riestra participaron na festividade dos Maios. Dada a alta participación foi preciso crear dous Maios: o Pitufeiro e o Isidoro.
As familias fixeron un traballo titánico para poder participar. O tempo botóusenos enriba, encima cadrou no medio da semana e con actividades nas dependencias do cole, polo que foi preciso contar con outros locais para a elaboración dos Maios e por si fora pouco, as condicións climáticas non foron as mellores, case morremos de frío.
A familia de Ían e Luka asumiu a responsabilidade e acolleunos por dúas semanas na súa casa, poñendo todo ao noso dispor. A familia de Minerva axudou remodelando a estrutura dun pequeno Maio, e entre todos demos conta do recado. Os adultos pasamos un pouco de estrés, pero os nenos e nenas fixérono moi ben e pasárono fenomenal. Con tanta troula, máis dalgún viña ao cole co Pedro Chosco.😅😜
No hay comentarios:
Publicar un comentario