miércoles, 8 de mayo de 2024

PROXECTO OS GRANDES NAVEGANTES.

A ruta das Especias foi unha ruta comercial moi importante, as especias viñan de China, India, Indonesia. Non era unha ruta única, variaba segundo as condicións climáticas, a seguridade das zonas, conflitos etc. Pero normalmente as especias chegaban a Europa polo Mediterráneo, atravesando Siria ou Exipto por medio de comerciantes árabes. Unha vez chegaba aos portos de Venecia ou Xénova, estas distribuíanse ao resto de Europa.

Nun principio, os comerciantes mantiñan en segredo e enchían de lendas e misterio a ruta das especies, falaban de dragóns e seres terribles, tamén de grandes perigos. Foi Marco Polo o que deu a coñecer a ruta das especies e das marabillas que descubriu mentres estivo a traballar para Kublai khan.

O imperio Otomán fixo imposible manter esta ruta comercial, o que provocou que grandes navegantes españois e portugueses buscaran rutas alternativas. Deste xeito, foi como Colón descubriu un novo continente e Magallanes e Elcano deron a primeira volta ao mundo.

O alumnado de 6º de Infantil abordará un proxecto apaixonante seguindo os pasos de: Marco Polo, Colón, Magallanes e Elcano.

Para comezar montamos o noso planisferio e logo irémoslle dando forma transformándoo nun cilindro, para rematar no globo terráqueo, e que así poidan analizar a xesta destes homes de aceiro.

Resultou curiosa a dificultade que xurdiu no alumnado á hora de interpretar lugares que estaban acostumados a identificar nun planisferio, unha vez a terra ía collendo forma cilíndrica e logo esférica.























































































No hay comentarios:

Publicar un comentario