Outra
forma de extraer as propiedades das plantas é mediante destilación, utilizando
un alambique.
Poñemos no fondo de alambique un pouco de auga, colocámoslle uns seixos e unha reixa para separar a auga das plantas, enriba poñemos as plantas que queremos destilar. Poñémoslle o capuchón á pota e auga no vaso; por último, acendemos o lume a pouco gas. Aos 15 minutos máis ou menos, comeza a pingar a pota lentamente e a aula recende a herbas aromáticas.😍😻
Sobre o hidrolato podemos ver como flotan unhas gotas aceitosas, ese é o aceite esencial. Fan falla moitos quilos de plantas para facer unha botelliña moi pequena de aceite esencial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario