sábado, 11 de mayo de 2024

6 DE MAIO, VISITA Á BASE DA BRIGADA FORESTAL HELITRANSPORTADA DO CAMPIÑO.

 O alumnado de E. Infantil visita a sede da Brigada Contra Incendios do Campiño. Os nenos e nenas puideron analizar a situación de vulnerabilidade á que están expostos os nosos montes: pola falta de limpeza e abandono, por conductas imprudentes e polos residuos que deixamos neles. 

Descubrimos as diferentes ocupacións das persoas que traballan na base e como se coordinan no seu traballo; así como á perigosidade á que se expoñen. Amósannos tamén os medios dos que dispoñen: helicóptero, hidroavións. motobombas, escavadoras; ferramentas como os bate lumes e os gorguis etc.

Tamén nos ensinan a súa vestimenta e as propiedades de cada elemento: os guantes, o casco con pantalla, as botas, os traxes...

Dannos a oportunidade de subirnos ao helicóptero ou a o camión e a de empregar a mangueira. 

Sen dúbida,  unha saída inesquecible, tanto polo bo trato que recibimos como polo práctica que foi. A maioría do alumnado xa se decantou polo seu futuro laboral, a ver se adiviñades...😊






































































































No hay comentarios:

Publicar un comentario