martes, 7 de mayo de 2024

EXPERIMENTO CON COL LOMBARDA.

 A col lombarda contén cianidina, un composto natural que tamén posúen as moras, as framboesas, as uvas... o que fai que sexan indicadores de pH naturais. Dependendo de si interaccionan con un medio ácido as cores vólvense vermellas (zume de limón, vinagre) ou azul, verde, amarelo se o medio co que interaccionan é básico (bicarbonato, amoníaco, lixivia). 

Dada o perigo de certos produtos e a curta idade dos nenos, os produtos perigosos mantéñense en envases pechados e baixo a manipulación do adulto. Esta actividade fíxose con apoio en aula para ter todo baixo control. 

Os produtos que non supoñen risco como o vinagre, o zume de limón, a auga con sal e o bicarbonato son empregados polo alumnado para facer as mesturas. 

O experimento foi abraiante e o alumnado de Infantil foi o encargado de presentar o proxecto, coas súas palabras, a un grupo de alumnos de 5º de Primaria.

Para dito experimento, empregamos parte do xugo obtido de machucar e colar anacos de col lombarda usado para as tinturas.










































 

 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario