ENLACE PARA PRACTICAR "WE´RE GOING ON A BEAR HUNT".
Saímos polo patio do cole con Teacher Carmen e con Lucía, dramatizando a canción "WE´RE GOING ON A BEAR HUNT". A nosa misión era a de pillar un oso, o malo é que non sabemos quen pillou a quen...😨😱

Para celebrar o Día das Letras Galegas, ademais de elaborar a biografía de Luísa Villalta, cantamos un anaco de poema de Rosalía de Castro e desfrutamos dunha sesión de maxia na biblioteca do centro.
Unha semana curta, pero moi intensa; e o mellor, que ben cantan os nosos nenos e nenas en galego!!!😍😻
O 16 de maio, dentro das actividades programadas na semana das Letras Galegas, fíxose a entrega de premio ás mellores portadas creadas polo alumnado do centro. Houbo premios colectivos para as aulas de E. Infantil, e premios individuais para: Minerva de E. Infantil, Fabián de 1º, Balma de 3º e Álvaro de 5º de Primaria.