Aproveitamos as flores de caléndula da nosa horta para facer pomada. Esta crema serve para rozaduras, mouratóns, golpes...
Os ingredientes que empregamos son:
Aceite de oliva virxe extra.
Aceite de coco.´
Cera de abella.
Flores secas de caléndula.
Aceite esencial de lavanda.
Vitamina E.
Elaboración:
Poñer a macerar as flores en aceite por 40 ou 50 días. A versión rápida é poñelas a baño María un mínimo de 2 horas a lume baixo.
Colar o oleato, separar as flores do aceite (750 ml de oleato). Poñer a baño María co aceite de coco (250 ml) e a cera de abella (120 g) ata que todo quede mesturado.
Sacar do lume, engadir o aceite esencial de lavanda (25 gotas) e a vitamina E, esta vitamina é a que conserva por máis tempo a pomada.
Repartir nos recipientes antes de que se solidifique.
No hay comentarios:
Publicar un comentario