Desprazámonos ao concello
de Outeiro de Rei, en Lugo, para visitar o parque zoolóxico Marcelle
Natura. No parque puidemos desfrutar de animais salvaxes de diferentes
continentes, nun entorno adaptado para o seu benestar. Moitos dos animais foron
rescatados de persoas que os tiñan de xeito ilícito ou de circos, dándolles
unha forma de vida máis digna.
Destacar o coidado exquisito do
parque, o respecto polos animais; así como a organización da visita,
que fixo que merecese a pena as horas en autobús.
No hay comentarios:
Publicar un comentario