domingo, 8 de marzo de 2026

CONMEMORAMOS O DÍA DA PAZ.

 Debido ao mal tempo, foi preciso aprazar dita conmemoración ata que se puidese ir ao Parque da Memoria, obra do Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel. Diante deste Parque, reunímonos para lembrar a figura de Sadako Sasaki e as mil grúas de papel, unha historia conmovedora que nos mostra os desastres e a destrución que producen as guerras e conflitos, e a importancia vivir nun mundo en paz.

Despois dunha pequena camiñata coas 1000 grúas, alumnado de 6º fai lectura dun pequeno manifesto; e para rematar, bailamos ao son da canción traballada para este día.

























































No hay comentarios:

Publicar un comentario