domingo, 30 de noviembre de 2025

BISCOITO DE PLÁTANO, NOCES E CHOCOLATE.

Aproveitamos para ver a diferencia entre froitos secos e carnosos e empregamos parte desas froitas, concretamente os plátanos e as noces, para facer un biscoito.

Ingredientes:

3 plátanos maduros.

100 g. de noces picadas.

3 ovos.

130 g. de azucre.

120 ml. de aceite.

Esencia de vainilla.

200 g. de fariña sen glute: (90 g fariña de arroz, 70 g de Maicena, 50 g de fariña de améndoa)

1/2 sobre de levadura química.

3 culleradas de cacao puro disoltas nun pouco de auga ou sucedáneo vexetal de leite.

Elaboración:

Bater ben os ovos co azucre, engadir os plátanos esmagados, o aceite, a esencia de vainilla; logo engadir as fariñas e a levadura.

Separar unha parte da mestura e engadirlle o cacao cun chisco de auga ou bebida vexetal (de améndoa, arroz etc.)

Botar a primeira parte da mestura nun molde engradado ou con papel de forno e logo botar a parte con cacao sen que se se unifiquen por completo, isto fará o efecto de mármore.

Pelar e picar as noces, pasalas por fariña sen glute, para que non se fundan no biscoito e meter ao forno 30/35 minutos a 180º























































No hay comentarios:

Publicar un comentario