sábado, 1 de noviembre de 2025

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS.

 O venres, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas. Este curso decidimos aproveitar este data para recordar un acontecemento que sucedeu fai 80 anos, concretamente o 6  e 9 de agosto de 1945; falamos dos bombardeos sobre Hiroshima e Nagasaki.

Descubrimos esta historia a través de Sadako Sasaki, unha nena que sobreviviu ao bombardeo sobre a súa cidade, pero acabou contraendo unha terrible enfermidade como consecuencia dos efectos das bombas. Sadako propúxose unha meta, que logo continuaron os seus amigos, construír 1000 grúas de papel, símbolo de lonxevidade e saúde; co fin de pedir unha cura para todas as persoas doentes.  

Esta historia foi traballada no cole no 2011, con motivo do terremoto e tsunami de Fukushima, Xapón. O alumnado do centro construíu 1000 grúas de papel para celebrar o Día da Paz. Posteriormente, foron enviadas a Xapón para colaborar na conmemoración do Día da Paz nese país, o 6 de agosto.

O alumnado de terceiro ciclo foi o encargado de adaptar e poñerlle voz a esta historia, coa finalidade de que non quede no esquecemento; que todos nós, e oxalá as persoas que nos representen, poidamos reflexionar e aprender do pasado para que non volva a suceder no futuro.

Dende o cole, temos organizado un taller de elaboración de grúas de papel coa finalidade de crear 1000 para o Día da Paz, o 30 de xaneiro.






















No hay comentarios:

Publicar un comentario