Descubrimos a Guarda,
primeira etapa española e galega do Camiño. Desfrutamos do seu Patrimonio
grazas a Lucy e Sam: o castelo de Santa Cruz, conquistado ao longo da historia
por portugueses e franceses; o monte de Santa Tegra coa capela e os castros, as
vistas ao río Miño, as praias e as salinas rupestres e romanas.
O alumnado de sexto preparou
esta etapa do Camiño e veu a nosa clase para compartir un par de lendas da
Guarda. Nós falámoslle das salinas, o proceso de obtención de sal e a
importancia do sal no pasado (desinfectante, conservante de alimentos e
potenciador de sabor), palabra da que deriva o substantivo salario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario