Unha das lendas que nos contaron
os alumnos de 6º, trataba sobre unha gran seca que houbo na Guarda fai moitos
anos; segundo din, chegou a secar o Miño. Isto provocou que moitas das plantas
e animais da zona desapareceran.
Analizamos a importancia da
auga para a vida. Logo, investigamos por onde absorben a auga as plantas, dado
que non teñen boca, e como circula a auga pola planta. Por isto facemos este
experimento.
INGREDIENTES:
Flores brancas.
Vasos con auga.
Colorante alimentario ou barras
de rotulador.
INSTRUCIÓNS:
Botar auga nun vaso, engadir o
colorante e introducir as flores. Logo esperar dous ou tres días para ver a
evolución.
No hay comentarios:
Publicar un comentario