viernes, 14 de febrero de 2025

SAM E LUCY ATÓPANSE EN VIANA DO CASTELO.

Coas pistas que atopamos na maleta da Bruxa Maruja, descubrimos que Sam e Lucy se atopan en Viana do Castelo. Amosáronnos os lugares máis importantes desta vila, entre os que destacan: o santuario de Santa Lucía, as praias, os castros, o río Lima... Tamén a lenda que vai asociada ao nome da cidade, que conta que un barqueiro se namorou de Ana, unha moza que vivía nun castelo. Tanto se emocionaba cada vez que a vía na fiestra, que non paraba de gritar: - VI A  ANA DO CASTELO!!. Tantas veces repetiu a frase, que a vila acabou chamándose Viana do Castelo.

Estase a crear unha película de animación portuguesa baseada nesta lenda: “VIANA, A LENDA DOS CORAÇOES DE OURO”.

Pola nosa parte, co obxectivo de traballar a linguaxe, creamos un pequeno escenario improvisado, coa misión de dramatizar a lenda de Viana do Castelo.



































No hay comentarios:

Publicar un comentario