domingo, 2 de febrero de 2025

SAM E LUCY ATÓPANSE EN PÓVOA DE VARZIM.

 No seu camiño cara o Norte, continuando pola Variante Espiritual do Camiño Portugués pola Costa, Sam e Lucy deciden tomar un descanso preto de Vila do Conde, en Póvoa do Varzim. Unha vila mariñeira, con fermosas praias e lugares de interese e, con algo común a Galicia, a cultura castrexa e seres fantásticos como as mouras. Na zona de Terroso puideron desfrutar dos restos dun antigo asentamento castrexo.

Tamén destaca deste pobo a escritura ou marcas poveiras, herdadas de antigos viquingos que posiblemente se asentaron na zona e que foron adoptadas pola pescadores locais.  Tanto a cultura castrexa como as siglas poveiras son comúns a o pobo pontevedrés da Garda, concretamente podémolas atopar en Santa Tegra.

De Póvoa do varzim, os dous protagonistas, envíanos tres lendas: “A  PEDRA NEGRA”, “A  MOURA DA FONTE DO CRASTO” E  “OS CORREDORES DE FADOS”.

Cada equipo, coa axuda dunha  mestra, prepara a lenda que lle tocou; logo cóntalla ao resto da clase. Ao comezo costou un pouquiño, o ter que falar para os demais non é nada fácil, pero logo fixeron un traballo magnífico.
















































No hay comentarios:

Publicar un comentario