Os
amigos de Tom estiveron unha tempada descubrindo a cidade de Oporto, xa
conseguiron as Credenciais do peregrino nas inmediacións da Catedral de Oporto.
Nestes documentos figuran os nomes e apelidos de Sam e Lucy, é de carácter
persoal e intransferible e non se pode comezar o camiño sen ela; xa que é a que
os acredita como peregrinos. Na antigüidade convertíase nun salvoconduto para
poder viaxar e atravesar fronteiras sen dificultade.
Na
Catedral reciben o primeiro selo, e alí comezan o camiño cara a Matosinhos,
unha cidade próxima a Oporto onde fixeron unha pequena parada para visitar a
zona.
En
Matosinnhos desfrutaron da praia, observaron aos pescadores e bares costeiros e
descubriron a igrexa do Señor de Matosinhos. Alí escoitaron a lenda de como uns
pescadores rescataron do mar unha figura á que lle faltaba un brazo, que foi
atopado 50 días despois entre as árbores e ramas que as mareas deixaron
na praia.
Un
martes pola mañá, aparece a maleta da Bruxa Maruja, tráenos unha sorpresa que
Lucy e Sam lle envían dende Matosinhos. Atopamos tres sobres un para cada
equipo, cunhas instrucións e unhas pezas que debemos compoñer en equipo e logo
facer unha escena colectiva da lenda do Señor de Matosinhos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario