Lucy e Sam conseguen
a receita dos pasteis con máis fama de Portugal. En Lisboa coñécense como
pasteis de Belem e no resto do país luso pasteis de nata.
O
martes pola mañá, atopámonos coa maleta chea de ingredientes e unha nota coa
receita.
OS INGREDIENTES DOS PASTEIS, sen glute e sen lactosa:
Hoxaldre,
neste caso sen glute.
500
ml de bebida vexetal de améndoas, na receita orixinal leva 350 ml de leite e
150 de nata.
1 culleradiña de manteiga (sen lactosa ou margarina vexetal para os que teñen intolerancia)
Rama de canela.
Tona
de limón sen a parte branca.
4
xemas de ovo.
100
ou 125 g de azucre.
50
g de amidón de millo.
ELABORACIÓN:
Poñer
a quentar a bebida de améndoa, reservar un chisco (se os facemos con lácteos, poñer a nata e o leite ao lume, deixando un pouco sen botar para empregar máis tarde), a culleradiña de manteiga, o pau de canela e a monda de limón. Cando pareza que vai a ferver, apagamos o lume e deixamos que vaia collendo o aroma da canela e do
limón.
Por outro lado, batemos as xemas de ovo co azucre, engadímoslle o amidón de millo ou Maicena e o chisco de bebida de améndoa (leite, na receita orixinal) que apartaramos antes; todo isto ben mesturado, engadímosllo á bebida de améndoa quente (ou ao leite quente coa nata, se o facemos con lácteos), retirando antes o pau de canela e a tona de limón.
Poñemos toda a mestura ao lume e remexemos con moito coidado que non se pegue. Unha vez que espesa, xa temos a crema pasteleira feita; por tanto, retirámola do lume.
Facemos
uns círculos de papel de forno e poñémolos cubrindo os moldes.
Enroscamos
o hoxaldre e cortamos pequenos cilindros que poñemos nos moldes sobre o papel de forno, dámoslle forma de pequenos
cestiños. No oco do hoxaldre botamos unha ou dúas culleradas de crema pasteleira; por último, metemos os pasteis ao forno uns 18-20 minutos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario