Subimos camiñando dende o cole ata o Concello, onde nos reciben o
Alcalde e os diferentes Concelleiros e Concelleiras. O alumnado de cursos
superiores atende aos peregrinos que chegan nese momento, ofrecéndolles auga e
froita, e selando a súa Credencial.
A técnica de turismo do Concello fainos unha visita guiada polo Mosteiro,
centrándose no mosaico de Antoine Machourek, que ten uns 200 metros cadrados de extensión e 2´60 m
de alto; no que se poden apreciar as
diferentes etapas do Camiño Francés, partindo dende París e chegando a Santiago.
Para a elaboración deste mosaico precisáronse un millón de teselas de diferentes cores, que cobren
tres das paredes do claustro dos laranxos.
O alumnado de 6º de E. Infantil tiña especial interese en ver a S. Trahamunda
e o seu sepulcro de pedra, xa que cando traballamos a etapa do Camiño entre
Pontevedra e Armenteira mencionamos a súa lenda.
O alumnado de sexto de infantil tamén representou a lenda da Coca de
Redondela, unha das lendas do Camiño Portugués pola Costa; aproveitando que
xusto nestas datas están de festa. A Coca foi elaborada polos alumnos/as de 5
anos e o material maioritariamente empregado foron fichas vellas que estaban
almacenadas no cole durante moitos cursos.
Para saber máis...
Trahamunda, a coñecida como a Santa da morriña, era veciña de Poio. A súa vida transcorría entre a illa de Tambo e o mosteiro de Poio, onde era monxa.
Nun dos ataques de tropas musulmáns polo Norte, Trahamunda foi apresada e
levada a Córdoba, onde lle propuxeron formar parte do harén de Abderramán. Ante
a negativa da moza, tivérona en cativerio por 11 longos anos.
Conta a lenda, que na véspera de San Xoán implorou por volver ao seu
mosteiro querido; entón xurdiu a milagre, din que nesa noite a moza puido
regresar a Poio nunha rama de palmeira. Xa na súa terra, continuou coas súas
labores de monxa, e no Mosteiro de Poio podemos atopar o seu sarcófago e a súa
estatua ao lado da famosa palmeira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario