Relacionando
a lenda de Caminha, "O SANTO AGINHA", e a chegada da primavera, imos
a poñer en marcha un experimento moi divertido.
Cada
alumno debuxa seis flores nun folio, recórtaas e prega os seus pétalos
sobre o centro de cada flor; por último, pegamos as flores ás ramas dunha
árbore e botámoslle auga cun envase difusor.
Pouco
a pouco os pétalos das flores iranse abrindo e a árbore encherase de flor. Outra
opción, sería a de poñer as flores pregadas sobre un recipiente con auga.