sábado, 12 de abril de 2025
COELLIÑO DE PASCUA.
RESULTADO DO EXPERIMENTO.
Despois de 24 horas, imos ver o que aconteceu cos ovos e co vinagre.
Non houbo explosións nin
desapareceron os ovos; o que aconteceu foi que o ácido do vinagre reaccionou co
carbonato de calcio do ovo disolvéndoo. Logo a membrana do ovo absorbeu o
vinagre, endurecéndose e adquirindo unha textura gomosa, facendo que rebote
nunha superficie.
Todos queremos probar a pequena
ovopelota, pero hai que ter coidado de que nos se rompa.
EXPERIMENTO CON OVOS.
Atopamos na clase uns ovos,
vinagre e un recipiente transparente; ao parecer envíanolo a Bruxa Maruja dende
a granxa que visitamos fai uns días. Despois de pensar en que podemos facer con
esas tres cousas, decidimos ler as instrucións e facer o experimento.
Cada neno/a bota un chorro de
vinagre no recipiente, logo colocan con coidado os ovos e acaban de cubrilos
con máis vinagre. En pouco tempo os ovos comezan a botar burbullas e o vinagre
ponse turbio e con espuma.
Segundo as instrucións, debemos
esperar ao día seguinte para ver que acontece. Mentres, toca formular hipóteses
do que pode acontecer.
As hipóteses son do máis variadas e algunhas preocupantes; uns din que seguramente os ovos desaparezan, outros que se converten en espuma ou fume, outros que vai saír un bicho raro, un asociou este experimento co do volcán, debido ao uso do vinagre. Entón comezaron as teorías conspiranoicas de que ía a explotar o recipiente e reventar o cole.😬😱
QUE PASARÁ....