domingo, 8 de junio de 2025

AS SALINAS DO ULLÓ.

 

Enzo, un dos nenos da clase, aproveitou  unha visita aos seus avós para traernos información sobre as salinas do Ulló. Estas salinas atópanse na enseada de San Simón, entre Paredes e Vilaboa, preto de Arcade.

Enzo explicounos con detalle o funcionamento das salinas e tamén nos amosou as ruínas que se atopan na zona; todo documentado con imaxes. 

As salinas do Ulló foron no seu tempo o maior complexo de extracción de sal de Galicia. Deixaron de funcionar sobre o 1720. Conta con dous tanques contiguos que se construíron partindo da propia forma da enseada. Estes tanques enchíanse coa marea e a auga íase evaporando por mor do sol e do vento.

Preto das salinas, entre o bosque, atópanse as ruínas da granxa das salinas e a da casa dos caseiros. Nestas ruínas pódense apreciar os traballos en pedra das paredes, da lareira e o forno daquel tempo.

Queremos agradecer a Enzo e á súa familia a súa aportación neste proxecto e o esforzo para explicar cada detalle da súa visita.






















No hay comentarios:

Publicar un comentario