Lucy e Sam cruzan a ponte da Ramallosa e continúan por Nigrán cara a Vigo.
Descubrimos a orixe da denominación
Cidade Olívica. Ao parecer na zona Sur de Galicia había plantacións de
oliveiras, que foron cortadas nos tempos dos Reis Católicos. Diante da igrexa de
Santa María (concatedral de Vigo) había unha oliveira que fora plantada polos cabaleiros templarios.
Despois da reforma desta igrexa, cortaron a árbore, pero un veciño de Vigo
aproveitou un fillo da mesma e plantouno diante da súa casa na rúa Príncipe,
logo foi transplantada para a rúa Alfonso XII.
Diante da igrexa de Santa María
plantaron outra oliveira, que ao parecer ten máis de 200 anos.
O himno do celta fai mención á
oliveira de cen anos.
Tamén descubrimos lugares de
Vigo como o Castro, coa súa fortaleza defensiva, no que podemos ver áncoras e
canóns da batalla de Rande.
Destacan as emblemáticas estatuas
do sereno, dos cabalos, o monumento ao traballo e a de Xulio Verne.
Recibimos a maleta da nosa bruxa na que aparece unha rama de oliveira e palliñas. A misión encomendada é a de crear as nosas oliveiras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario