A mañá do 16 de maio foi unha
roda viva, todo para desfrutar da conmemoración das Letras Galegas, unha data
sinalada do calendario de todos os galegos e galegas.
Pasamos por diferentes recantos
establecidos nos corredores, na aula de música, na biblioteca e no patio.
Elaboramos unha pandeireta,
descubrimos instrumentos da música tradicional galega, andamos na procura de
instrumentos agochados no mural do Camiño de Santiago, construímos un conto
colectivo e, por último, cantamos todos xuntos no patio unha canción
tradicional.
Tamén se fixo entrega de
premios aos gañadores e participantes nos campionatos de xadrez.
UNHA MAÑÁ BEN COMPLETIÑA!!!