Enzo, un dos nenos da clase,
aproveitou unha visita aos seus avós para traernos información sobre as
salinas do Ulló. Estas salinas atópanse na enseada de San Simón, entre Paredes
e Vilaboa, preto de Arcade.
Enzo explicounos con detalle o
funcionamento das salinas e tamén nos amosou as ruínas que se atopan na zona;
todo documentado con imaxes.
As salinas do Ulló foron no seu
tempo o maior complexo de extracción de sal de Galicia. Deixaron de funcionar
sobre o 1720. Conta con dous tanques contiguos que se construíron partindo da
propia forma da enseada. Estes tanques enchíanse coa marea e a auga íase
evaporando por mor do sol e do vento.
Preto das salinas, entre o
bosque, atópanse as ruínas da granxa das salinas e a da casa dos caseiros.
Nestas ruínas pódense apreciar os traballos en pedra das paredes, da lareira e
o forno daquel tempo.
Queremos agradecer a Enzo e á
súa familia a súa aportación neste proxecto e o esforzo para explicar cada
detalle da súa visita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario