sábado, 21 de diciembre de 2024

O VOLCÁN DOS DRAGÓNS.

 Algúns dragóns viven en volcáns, por este motivo decidimos crear o noso experimento dun volcán.

Necesitamos: unha gabeta, papel continuo, un bote, bicarbonato e vinagre.

Engurramos un anaco de papel continuo e colocámolo ao redor do bote, dándolle forma de cono. Botamos no bote bicarbonato e témpera ou colorante alimentario, logo engadimos o ingrediente segredo que os nenos e nenas tiveron que descubrir, o vinagre. Así comeza a maxia, o vinagre reacciona co  bicarbonato e o volcán comeza a espumar.


























No hay comentarios:

Publicar un comentario