sábado, 21 de diciembre de 2024

SAM E LUCY CONSEGUEN A CREDENCIAL PARA INICIAR O CAMIÑO DE SANTIAGO.

 Os amigos de Tom estiveron unha tempada descubrindo a cidade de Oporto, xa conseguiron as Credenciais do peregrino nas inmediacións da Catedral de Oporto. Nestes documentos figuran os nomes e apelidos de Sam e Lucy, é de carácter persoal e intransferible e non se pode comezar o camiño sen ela; xa que é a que os acredita como peregrinos. Na antigüidade convertíase nun salvoconduto para poder viaxar e atravesar fronteiras sen dificultade.

 Na Catedral reciben o primeiro selo, e alí comezan o camiño cara a Matosinhos, unha cidade próxima a Oporto onde fixeron unha pequena parada para visitar a zona.

En Matosinnhos desfrutaron da praia, observaron aos pescadores e bares costeiros e descubriron a igrexa do Señor de Matosinhos. Alí escoitaron a lenda de como uns pescadores rescataron do mar unha figura á que lle faltaba un brazo, que foi atopado 50 días despois entre as árbores  e ramas que as mareas deixaron na praia. 

Un martes pola mañá, aparece a maleta da Bruxa Maruja, tráenos unha sorpresa que Lucy e Sam lle envían dende Matosinhos. Atopamos  tres sobres un para cada equipo, cunhas instrucións e unhas pezas que debemos compoñer en equipo e logo facer unha escena colectiva da lenda do Señor de Matosinhos.






















 





















No hay comentarios:

Publicar un comentario