Algúns
dragóns viven en volcáns, por este motivo decidimos crear o noso experimento
dun volcán.
Necesitamos:
unha gabeta, papel continuo, un bote, bicarbonato e vinagre.
Engurramos
un anaco de papel continuo e colocámolo ao redor do bote, dándolle forma de
cono. Botamos no bote bicarbonato e témpera ou colorante alimentario, logo
engadimos o ingrediente segredo que os nenos e nenas tiveron que descubrir, o
vinagre. Así comeza a maxia, o vinagre reacciona co bicarbonato e o
volcán comeza a espumar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario