O alumnado de E. Infantil, despois de percorrer o anaco da Variante Espiritual do Camiño Portugués que pasa pola parte traseira do cole, decide poñer en coñecemento do Concello e da Deputación de Pontevedra as dificultades que atopamos nese pequeno tramo do camiño. A nosa finalidade é a de potenciar unha imaxe positiva do noso Concello, implicando ás autoridades competentes para facilitarlle aos peregrinos a súa andaina.
O primeiro que facemos e analizar en asemblea as dificultades que
atopamos, logo resumir as dificultades máis destacables e anotalas por escrito.
Elaboramos o documento, asinámolo todos/as e trasladámoslle o documento ao
equipo directivo para darlle saída oficial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario