Da estadía de Sam e Lucy en Oporto descubrimos unhas cantas lendas: a orixe do viño de Oporto, a da monxa da Estación de San Bento, a da Raíña Gaia, a do Emperador do Brasil Pedro I, que ofreceu o seu corazón á cidade de Oporto en agradecemento pola defensa do seu exercito que aguantou invicto nesta cidade; a lenda de Ze do Telhado, soldado e bandido, unha especie de Robin Hood.
Puidemos
apreciar parte do seu patrimonio: a Librería Lello, as igrexas cheas de
azulexos, a Estación de San Bento, a Torre dos Clérigos, o Estadio do F.C.
Porto, o Río Douro e as súas pontes etc.
Descubrimos que son coñecidos como os tripeiros ou cidade invicta.
O F.C. Porto é un dos 3 mellores equipos de Fútbol de Portugal, no escudo levan a palabra Invicta e o dragón símbolos de Pedro I.
Durante
varias semanas aprendemos un mantón de cousas sobre esta cidade. Todo o que
fomos descubrindo plasmámolo por equipos mediante un debuxo colectivo tamaño
A3. As cores empregadas foron diferentes tonalidades de azul e o branco do papel, imitando aos dos
azulexos das igrexas. Ditos debuxos foron recortados en cadrados a modo de
azulexos e o alumnado tivo como misión compoñer o crebacabezas outra vez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario